Construímos pontes entre artistas, espazos e públicos. Impulsado por Tomás Lijó e Natasha Lelenco, somos un proxecto híbrido que combina accións expositivas, residencias artísticas, programación cultural e unha galería online con presenza internacional. Cunha base en Mallas (Fisterra) e outra en Ourense, conectamos a creación local con redes globais, facendo da arte un motor de encontro, reflexión e transformación social.
Que facemos?
Comunidade
Colaboramos con artistas para activar proxectos expositivos e de mediación coa comunidade.
Comisariado
Comisariamos exposicións en colaboración con entidades e representamos aos nosos artistas en feiras de arte.
Residencia artística
Máis de 300 metros cadrados de espazo interior e exterior para traballo, lecer, exhibición e vivenda para desconectar e centrarte nos teus proxectos.
Representación
Xestionamos a venda internacional de obras dos nosos artistas, encargándonos de catálogo, negociación, facturación e loxística.
Galería online
Ofrecemos obras seleccionadas directamente dos talleres dos nosos artistas, cun servizo personalizado para coleccionistas de todo o mundo.
Dixitalización de arte
Dixitalización profesional de obras de arte desde Ourense, con fidelidade cromática para o mercado online.